Música

ELEFANTES “Nueve Canciones de Amor y Una de Esperanza”

Dende 1994 e con 10 discos editados, Elefantes enchéronnos de Azul, fixéronnos sentir Hombres Pez e lembráronnos que Somos Nubes Blancas, e invitáronnos contemplar La Forma de Mover Tus Manos. Shuarma, Hugo, Julio y Jordi non coñecen medias tintas. Son química pura. Falan de amores e desamores, de encontros e desencontros, pero tamén de sensacións, do transcendente da vida, do ser humano, e saben crear atmosferas moi poéticas en letras e música. Existencialismo feito canción. As súas melodías non buscan o comercial sen embargo as súas cancións pégansenos con moita facilidade e ese é quizás o seu maior logro, ter sabido transcender as leis da industria musical e paradóxicamente ter conquistado ao gran público, porque hai algo magnético nas súas cancións. Atrápannos á primeira. Son eléctricos, electrizantes, saben beber de todo tipo de xénero e fusionalos para facelos propios.

Despois de varios anos de parón volver con El Rinoceronte, aclamado por crítica e público como un dos mellores discos do 2014, que lles devolveu directamente á primeira liña con todas as entradas vendidas nos seus concertos de presentación, e destacadas presenzas nos maiores festivais do país. El Rinoceronte foi nomeado aos Grammy Latinos como mellor disco de Pop Rock.

A principios de 2016 regálannos o espléndido Nueve Canciones de Amor y Una De Esperanza. Un disco conceptual sobre o amor en todas as súas facetas, con colaboracións da talla de Enrique Bunbury en “Duele” ou Love of Lesbian en “Te Quiero” de José Luis Perales. O disco entra directamente ao #2 en ventas e a banda esgota entradas nos nove primeiros concertos da extensa xira que os levará por toda España, Reino Unido e México.

Prezo: 20€ / 18€ (V.R.)
Duración: 90 Min.
Idioma: Cast.
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 10 de Febreiro de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

(Español) Shuarma - Voz, guitarra e composición Jordi Galera - Batería e percusión Julio Cascán - Baixo Hugo Toscano - Guitarra