Música

EMHU | A banda sonora da nosa risa

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

A Banda Municipal da Coruña e o Encontro Mundial de Humorismo únense de novo para ofrecer un espectáculo musical único. Se ben o ano pasado percorreron os temas máis coñecidos da historia da televisión ou do circo, este ano a Banda Municipal, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis, reinterpreterá himnos xeracionais coas letras e explicacións dun narrador moi especial: Luis Piedrahita.

A BMMC participa novamente non marco que ofrece o EMHU no que, nun formato desenfadado e coa colaboración do humorista, actor e musicólogo Luis Piedrahita, presenta un concerto-espectáculo no que se parodiarán textos de grandes éxitos populares da música popular de verbena como Hay un gallego en la Luna ou Tengo un tractor amarillo. Sen dúbida unha cita humorístico-musical que non hai que perderse.