Humor

EMHU | Lo que me han enseñado los mayores, con Jordi Moltó

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Jordi Moltó leva máis de 25 anos escribindo para radio e televisión, en programas tan soados como Crónicas Marcianas ou El Hormiguero (onde conta cunha sección propia, as súas “Experiencias reales”), entre moitos outros. Os seus vídeos -emotivos experimentos sociolóxicos onde os protagonistas son os avós- espalláronse por todo o mundo, acadando, algúns, máis de 500 millóns de visualizacións. Estes experimentos, como o do avó skater, o titorial do reggaeton en 30 segundos, a carta que un grupo de xubilados escribe aos Reis Magos, a avoa bailarina ou o avó culturista, lévannos a unha gran conclusión e é que, se estás ben de saúde, a idade non é máis que un estado mental. Jordi Moltó desembarca agora no EMHU cunha escachante proposta para reverter ese tráxico sentimento de facernos maiores.