Teatro

En tierra extraña

TEATRO NO COLÓN  
Diana Navarro
Alejandro Vera
Avelino Piedad

Dirección : Juan Carlos Rubio

En tierra extraña é unha coprodución do Teatro Español e Som Produce.


Concha Piquer leva tempo querendo coñecer a Federico García Lorca. Non en balde é o poeta máis demandado do momento e ela a cantante máis famosa de España. Esa reunión debe producirse. Muller afeita a xestionar o seu destino e que nunca recibe un non por resposta, pídelle ao seu colaborador Rafael de León que se atope co poeta no Teatro Español de Madrid, onde está ensaiando o seu novo concerto. Quere propoñerlle que lle escriba unha canción.

Federico acepta a invitación. Por un lado admira a voz da cantante, por outro está ansioso por conseguir novos ingresos que, xunto co teatro, lle permitan levar o nivel de vida que sempre soñou e que, por fin, está comezando a gozar. Iso si, contáronlle tantas cousas (e non sempre boas) do valenciano, que chega con certo reparo, moita curiosidade (e moito retraso) ao encontro.

Pero, unha vez cara a cara, as cartas colocaranse sobre a mesa. O verdadeiro motivo deste encontro é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible. Concha sabe ben que o seu nome está en varias listas negras. “Xente coma el” debería fuxir ao estranxeiro canto antes. Pola súa propia seguridade. Federico non cre que o sangue chegue ao río e que os ánimos acougarán.

Porén, un feito terrible, o asasinato de José del Castillo a escasos metros do teatro, fai que Federico se replantee a situación. Quizais debería fuxir. Concha dille que pode proporcionarlle un billete para México nese momento. Non debe perder un minuto. Pero o poeta non ten tan claro que este sexa o seu destino. España é a súa terra natal. E nunca se sentirá nela EN TIERRA EXTRAÑA.