Monólogos

Esfínter | David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas

ARREDOR DA LINGUA

 

Tras unha exitosa xira no Nadal de 2021, co 100% das entradas vendidas, volve “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”. David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven, como xa é costume, a casa polo Nadal. Tres dos cómicos máis representativos do humor galego, por sorte ou por desgraza, traballan gran parte do ano fóra de Galicia. Esa gran aventura de saltar fronteiras para facer rir á xente de todo o país fai que Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas non se poidan ver a maior parte do ano. E que mellor escusa para vernos que volver a casa polo Nadal, traballar e …ir cear? E así, coa idea de repetir todos os anos ao redor destas datas, nace un espectáculo de monólogos, onde tres dos cómicos con máis carreira do noso país contarán as aventuras que lles suceden durante os últimos 12 meses. Case dúas horas de gargalladas, chistes, imporvisación e moito facer o pallaso.

Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 9 de Decembro de 2022 | 21:00