Familiar

Xampatito Pato presenta Só

EN FAMILIA

 

Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso.

Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao
seu mundo.

Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.