Teatro

Estado de graza

Teatro do Noroeste. 30 ANOS DE TEATRO GALEGO

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo-franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

Actos do 30 aniversario de Teatro do Noroeste no Colón. Venres: 20:30 Apertura da exposición e Representación de “Estado de Graza”. Sábado: 11:00 Mesa Redonda “A arte escénica na encrucillada: pasado, presente e futuro do teatro galego” e 21:00 estrea da Longametraxe Documental.
Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 29 de Decembro de 2017 | 20:30
  • Sábado, 30 de Decembro de 2017 | 11:00
  • Sábado, 30 de Decembro de 2017 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: Eduardo Alonso. Epifanía da mala filla. REPARTO: Luma Gómez (Dona Dolores), Imma António (Catarina) Manuela Varela (Lola), Nini True (Sol). DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: J Méndez. COMPOSICIÓN MUSICAL: Chefa Alonso. DESEÑO DE MAQUILLAXE: Dolores Centeno. PRODUCIÓN E DESEÑO GRÁFICO: Eva Alonso. DIRECCIÓN E DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Eduardo Alonso.