Teatro

Estás aí?

Redrum Producións

“Estás aí?” é unha fascinante comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento no que habita un personaxe invisible que os fará desesperarse coas súas trasnadas. Mentres están a superar a sorpresa e buscan a forma de convivir co inesperado convidado, un feito casual fará que comecen a cuestionar o seu amor e a forma na que se están relacionando. Durante o proceso descubrirán que, ás veces, as cousas non son o que parecen e que a forma en que nos comunicamos pode construír barreiras ou destruílas.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal e Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 14 de Abril de 2018 | 20:00