Música

Festa da Música | Caldo + Moura

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A banda coruñesa Moura e o trío vigués Caldo únense para experimentar coa música de tradición oral nun concerto conxunto polo Día da Música. A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presenta o seu novo EP, Fume santo de loureiro, pero tamén interpretarán o seu aclamado Axexan, espreitan. A proposta íntima, moderna e potente de Caldo é unha das imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste concerto especial, daranlle unha nova perspectiva ao seu novo disco Lugar A Ponte. Dúas propostas complementarias con dúas linguaxes distintas que conflúen nesta celebración única do Día da Música.