Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, entendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.
Dende un uso responsable e consciente do repertorio, especialmente no que ás informantes como intérpretes e creadoras se refire, cada tema escollido toma como idea principal o significado ou función que este presenta no contexto orixinal, funcionando o aspecto estético-musical non como unha guía, senón coma un impulsor.
O resultado é un repertorio con fondas referencias á interpretación tradicional, empregando recursos que van dende a combinación tímbrica ou o emprego de instrumentos electrónicos, co obxectivo de acompañar de xeito coidado e respectuoso cada unha das melodías.
Festa da Música | Carmela – Vinde todas