Música

Festa da Música: Esperanza Mara

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | FESTA DA MÚSICA: TECENDO SONOS

O obxectivo principal do espectáculo é a difusión do noso patrimonio inmaterial de tradición oral como son os cantos de arrolar. Este proxecto é baseado nun traballo de campo realizado na zona do Barbanza e arredores.

O desafío é durmir a Moraima, que non o consegue a causa duns pesadelos que ten. Para durmila, recorremos a un receitario herdado que recolle xeitos de durmir cando se ten pesadelos. O espectáculo ten interacción co público, música e narración.