Música

Festa da Música Galega

Organiza a Irmandade da Música Galega.
Coa participación de Coral Sporting Club Casino, Coral Follas Novas, Coral El Eco, Coral Cántigas da Terra, Unidad de Música del Cuartel General de la Fuerza Logística Operativa, Conservatorios Profesional e Superior da Coruña, Concello da Coruña.

Un grupo de colectividades e de persoas vencelladas polo seu amor á música galega levan meses traballando na creación da Irmandade da Música Galega.

A Irmandade da Música Galega constitúese como grupo cívico cooperativo que abrangue profesionais da música, investigadores, colaboradores e colectividades que se reúnen co fin de traballar pola posta en valor, preservación, divulgación e dinamización da música patrimonial galega. Para conseguir ese fin, a Irmandade da Música Galega ten previsto realizar, entre outras actividades, actos públicos. O primeiro destes actos é o presente concerto, que inclúe obras dos máis importantes compositores galegos históricos e no que participan agrupacións emblemáticas da nosa vida musical.

A Festa da Música Galega supón un día histórico de presentación ao público da Irmandade da Música Galega no desexo e esperanza de que a súa creación sirva de axuda para estimularmos unha etapa de revalorización do noso patrimonio musical. Tamén co desexo, propósito e esperanza de que o este traballo redunde nunha traxectoria futura da Irmandade da Música Galega desenvolvida con forza crecente e aglutinadora de todos aqueles que, conscientes da importancia do noso patrimonio musical, estean dispostos a traballar pola súa difusión, preservación e posta en valor. Fano desde o convencemento de que todo este traballo colectivo axudará a tomar conciencia aos diferentes estamentos da nosa sociedade da importancia identitaria que ten para Galicia a súa música.

 

 

 


DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 14 de Outubro de 2018 | 19:00