Festival

Festival Elas son Artistas

A artista madrileña ELE presenta o seu segundo LP “What Night Hides” gravado nos míticos estudos Abbey Road de Londres. E farao no Teatro Colón dentro do 1º Festival Elas Son Artistas, o primeiro Festival metropolitano de música e artes pola igualdade, gañador dun premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña.

Ele é o nome artístico de Elena Iturrieta. Xa visitou A Coruña para presentar o seu primeiro traballo “Summer Rain”, vendendo centos de copias do seu disco ao rematar a actuación. Algo que se repite concerto tras concerto. A pianista e vocalista, ademais de compositora, vén arroupada por oito músicos máis, e un espectáculo de vídeos e luces que fai dos seus concertos unha fantástica experiencia.

A súa música camiña entre o soul, folk, jazz, pop, incluso chega a poñerse rockeira en ocasións. A todo iso suma unha gran simpatía no escenario. Como dixo un crítico musical: “A Ele compárana con Norah Jones, pero é mellor”.

Prezo: Por determinar



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 1 de Xuño de 2018 | 20:30