Teatro

Fillos do Sol

Contraproducións & FIOT

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado.

Prezo: Platea: 15€ / Palcos centrais: 12€ / Principal: 9€ / Palcos laterais: 6€. Menores de 12 anos: 60% dto.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 16 de Novembro de 2017 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. TEXTO: Cándido Pazó. ILUMINACIÓN: Afonso Castro. ESCENOGRAFÍA: Carlos Alonso. VESTIARIO: Carlos Alonso e Belén Pichel. REALIZACIÓN VESTIARIO: Mila Abal. MÚSICA: Guillerme Fernández. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Belén Pichel. AXUDANTE DE PRODUCIÓN: Lilian Portela. XEFE DE PRODUCIÓN: Belén Pichel. DIRECCIÓN: Cándido Pazó.