PRODUCIÓNS DAC_CULTURA - Gala

16 M x 8 M – 16 mulleres polo 8 de marzo

O Teatro Colón presenta en escena unha gala moi especial, cun formato musical e audiovisual, para celebrar a data do 8 de marzo, Día das Mulleres. Un total de 16 artistas galegas serán as protagonistas deste espectáculo creativo e feminista no que contaremos coa presenza de MJ Pérez, A Banda da Loba, Mounqup e Máis boas que as patacas. Todas elas enlazadas pola compañía trasPediante, que levará o fío conductor da gala.

O cartel anunciador do evento está asinado pola ilustradora coruñesa María Rodríguez A Flaira.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 10 de Marzo de 2018 | 20:30