Música

Gala final do concurso Quero Cantar

Por terceiro ano, o concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil disponse a celebrar a gala, na que se coñecerán as formacións vencedoras das dúas categorías: infantil (até 12 anos) e xuvenil (entre 13 e 16 anos). Na pasada edición o premio viviu a súa consolidación grazas ao enorme éxito e difusión que tiveron as cancións das bandas gañadoras: a xuvenil Máis boas cás patacas e a infantil Os nenos da vella.

Máis información na web querocantar.gal.

Prezo: Gratis



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 17 de Novembro de 2018 | 18:00