PRODUCIÓNS DAC_CULTURA - Música

Gala final Quero Cantar

GALA FINAL DO II CERTAME DE MÚSICA INFANTIL E XUVENIL QUERO CANTAR

Quero Cantar é un concurso de música infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña. As tres bandas finalistas interpretarán en directo a súa canción e un xurado formado por nenas e nenos elixirá a vencedora.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Outubro de 2017 | 18:30

FICHA ARTÍSTICA

Participan como finalistas 3 grupos da categoría infantil que non se coñecerán até a resolución da segunda fase, que se ha producir na vindeira semana. Participarán ademais dúas bandas invitadas, unha da categoría xuvenil e unha banda profesional de música infantil aínda por confirmar.