PRODUCIÓNS DAC_CULTURA - Gala

Gala Rosalía de Castro

A nosa superheroína chámase Rosalía de Castro e é a protagonista da gala que se desenvolverá con motivo do seu aniversario e na que participarán artistas que poñen voz e música aos seus poemas.

Abe Rábade xunto con Natasia Zürcher, Najla Shami, Santi Cribeiro, Xiana Lastra con Andrea Porto e Tempo Catro traerán ao Teatro Colón a proba de que Rosalía de Castro é a nosa autora máis cantada, poeta de versos poderosos que sentan ben aos máis diversos estilos musicais. A poesía recitada virá da man nesta Gala Rosalía de Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial.

Despois do gran festival que en setembro do pasado ano conmemorou en Santiago de Compostela o centenario da estatua a Rosalía que se ergueu na Alameda como símbolo da homenaxe popular á poeta, a Gala Rosalía na Coruña celebrará a grandeza da nosa revolucionaria escritora.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 23 de Febreiro de 2018 | 20:30