Circo

Galtük

NADAL NO COLÓN

 

Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades. O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena, que no seu soño desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de circo. O amor ao circo fai que todos os seus xoguetes estean deseñados con elementos de circo. Do mesmo xeito que a primeira, a segunda e todas as edicións de Galtük, é un espectáculo familiar, ideado para divertir e emocionar a públicos de todas as idades.

Prezo: 14€ | 16€ | 19€ | 22€



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 28 de Decembro de 2022 | 19:00
  • Xoves, 29 de Decembro de 2022 | 16:30
  • Xoves, 29 de Decembro de 2022 | 19:00
  • Venres, 30 de Decembro de 2022 | 12:30
  • Venres, 30 de Decembro de 2022 | 16:30