Música

Gran Torso

RESIS | IV FESTIVAL DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA A CORUÑA

 

GRAN TORSO | XENAKIS / POSADAS / LAZCANO / GÓMEZ-CHAO

O concierto Gran Torso pecha este ano a programación do Festival Resis de Música Contemporánea da Coruña coa estrea en Galicia de JALONS, obra cume da vangarda europea do século pasado do compositor Iannis Xenakis.

As obras Erlantz de Ramón Lazkano e Tres pinturas imaginarias de Alberto Posadas soarán por primeira vez en Galicia, dando testemuño de dous dos mellores compositores españois da actualidade e con maior prestixio internacional.

O compositor galego Hugo Gómez-Chao presentará a súa última obra, AGÓN, para grande ensemble, que pechará o programa dirixido por Nacho de Paz e interpretado polo grupo Vertixe Sonora Ensemble.