Musical

Grease. El musical | Edición especial 50 aniversario

Danny Zuko e Sandy Olsson son dous mozos que teñen un romance nas súas vacacións. Ao termo do verán, ven obrigados a separarse. Ao seu regreso ao instituto Rydell, Danny reúnese coa súa banda, os T-birds, de chaquetas de coiro e pelo engominado. Inesperadamente. os pais de Sandy deciden mudarse e a moza ingresa no mesmo colexio.

Pasada a sorpresa do reencontro e co obxectivo de quedar ben diante dos seus compañeiros, Danny adopta unha actitude arrogante que deixa á moza totalmente desamparada. Sandy únese entón ás Pink Ladies, a contraparte feminina dos T-Birds. A partir de entón teñen lugar historias e desencontros entre os dous namorados e os seus amigos, todo iso marcado polos acontecementos das súas vidas estudantís: o comezo da tempada de futbol, o baile de promoción, carreiras de coches, noites de mozas, de mozos, saídas ao ‘fast-food’, ao autocine…

A música e o baile son compoñentes fundamentais en Grease, e sen dúbida teñen moito que ver con que se converteu no ‘musical feeling good’ por excelencia. Unha banda sonora con éxitos internacionais e acrobáticas coreografías son arroupadas por unha súper produción que non deixa indiferente a ninguén, coa que Grease conmemora este ano o seu 50 Aniversario.

Prezo: 37€ | 40€ | 49€ | 55€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 7 de Marzo de 2024 | 20:30
  • Venres, 8 de Marzo de 2024 | 17:00
  • Venres, 8 de Marzo de 2024 | 21:00
  • Sábado, 9 de Marzo de 2024 | 17:00
  • Sábado, 9 de Marzo de 2024 | 21:00
  • Domingo, 10 de Marzo de 2024 | 17:00
  • Domingo, 10 de Marzo de 2024 | 20:30