Música

gREAT sTRAITS :: the great songs of dIRE sTRAITS

SELECCIÓN NOROESTE

 

O 10 de decembro de 2021 chega ao Teatro Colón da Coruña a esperada estrea do novo proxecto do cantante e guitarrista Óscar Rosende, alcumado o Mark Knopler galego.

O coñecido músico volve aos escenarios presentando a súa nova banda: GREAT STRAITS.

Baixo o título The great songs of Dire Straits, Óscar Rosende achéganos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá dende o comezo de Dire Straits en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

Óscar Rosende, o Mark Knopfler galego, despois de máis de 12 anos nos escenarios e 260 concertos que o levaron a xirar por España, Portugal, Alemaña, Luxemburgo e Francia coa súa anterior banda, iniciará con este concerto unha nova xira, presentando a súa renovada e ambiciosa produción, rodeado de grandes músicos co obxectivo de rendir con respecto e agarimo a mellor homenaxe posible a Dire Straits e Mark Knopfler que se fixo ata o momento, interpretando os temas do artista británico con máis sentimento, coidado e fidelidade ca nunca.