Música

Guadi Galego presenta ‘Costuras’

DE ESTREA

 

O seu percorrido artístico convirte a Guadi Galego nunha figura fundamental para entender a música galega
dos últimos 20 anos.

COSTURAS, o novo álbum de Guadi Galego, aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.

Prezo: Entradas esgotadas.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 24 de Abril de 2021 | 20:00