Cine

Harmatán. Festival Nómada da Cultura Africana. Wallay

DE FESTIVAIS

O Festival Nómada da Cultura Africana HARMATÁN constitue unha proposta conxunta do Teatro Colón e do Teatro Rosalía para achegar a cultura nómada a través das artes. Mentres que o Teatro Rosalía acolle as propostas de teatro e danza o Teatro Colón aborda a temática dende o cinema e o debate.

Harmatán é o resultado do traballo conxunto dos programadores  e  da coordinación das sedes que forman  o corredor cultural A Coruña-Móstoles-Murcia para xenerar unha nova forma de achegarse a un continente multicultural e moderno a través das súas expresións artísticas, que dan conta da heteroxénea  realidade africana.

Proxección de cine e charla

WALLAY

Wallay describe a vida cotiá en Burkina Faso a través dos ollos de Ady, un mozo francés de 13 anos que visita aos seus parentes en África Occidental. O neno está entusiasmado coa idea de pasar unhas tranquilas vacacións no país de orixe do seu pai, pero cando por fin chega, o seu tío recíbelle con frialdade e reproches. O resto da familia sente feliz de verlle e todos tentan amornar os ánimos do tío, pero Ady non tarda en darse conta de que a súa estancia non será moi relaxada.

Debate a cargo de Marion Berger | Responsable Cinenómada do FCAT (Festival de Cinema Africano de Tarifa-Tánxer).

Prezo: Acceso gratuito con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 29 de Marzo de 2019 | 11:00

FICHA ARTÍSTICA

Ficción dirixida por Berni Goldblat Burkina Faso, Francia, Qatar 2017 84’ | Color | Francés, diula | Subt. español