[OS MENORES DEBEN ASISTIR ACOMPAÑADOS DUN ADULTO OU CON CONSENTIMENTO DO SEU TITOR LEGAL]
De onde sae Wismichu? Quen é realmente? Que facer cando te posúe un personaxe como Wismichu?
O espectáculo ‘Hay un Wismichu en mi’ é a resposta a esa pregunta existencial que todos nos facemos. Porque, aínda que nos custe recoñecelo ás veces, todos temos un Wismichu no noso interior. Vén e participa no show máis interactivo do ano e saca o teu Wismichu máis divertido e provocador.
Despois do éxito obtido o ano pasado xunto ao seu compañeiro AuronPlay, Wismichu volve aos escenarios cun espectáculo sorprendente onde o humor, a súa persoal e divertida visión da vida, pero sobre todo a interacción e a participación do público son a clave.
A sorpresa é un elemento esencial que viaxa sobre unha divertidísima historia, onde Wismichu demostra as súas táboas e grandes dotes como monologuista. Ten só 22 anos pero iso non lle impide estar xa á altura dos mellores.
No escenario non estará só. Acompañarano durante toda a xira os cómplices en infinidade dos seus épicos vídeos de YouTube KajalNapalm e JoaquinPA. Ademais haberá convidados e aparicións sorpresa. Pero é a participación do público o que fará de cada sesión un espectáculo absolutamente único e irrepetible. Tamén descubrirás a parte máis creativa de Wismichu e poderás interactuar con infinidades de dispositivos, proxeccións e robots ideados pola mente máis arriscada e anovadora de todo YouTube. Imaxínate ademais poder vivir en directo e participar xunto a Wismichu nas súas probas e bromas máis divertidas.
Vén a divertirte coma nunca o fixeches e saca o Wismichu que hai en ti.
HAY UN WISMICHU EN MI