HELENA BIANCO, ‘Estoy pensando en ti’ Tributo a Mari Trini
Unha obra teatral musical extraordinario dirixida por Alberto Vázquez, en homenaxe a unha das grandes cantautoras do noso país, Mari Trini, e como non podía ser de outra maneira, da man e voz dunha das grandes figuras do Pop Español.
Helena Bianco está impresionante, dende o comezo ata o final do espectáculo. Cando ninguén o espera, entra polo corredor central do teatro cantando ‘Yo no soy esa’, a xente fica abraiada e xírase para vela, está impresionantemente caracterizada como Mari Trini na época primeira, dos sesenta e setenta. A primeira emoción do espectáculo e que pon os ‘pelos de punta’ é ver a unha Helena Bianco transformada en Mari Trini.
A historia transcorre enriba do escenario, onde hai un decorado entrañable, sinxelo e entenrecedor, no que Helena conta a historia e anécdotas máis importantes da poeta alternando un repertorio de cancións perfectamente seleccionadas en tres etapas que foron moi importantes na súa vida. A etapa de amor, con éxitos marabillosos como o xa citado ‘Yo no soy esa’, ‘Yo confieso’ ou ‘Amores’ entre outros. A etapa francesa con ‘Ne me quitte pas, Milord’ e a última das súas etapas con estilos máis dos oitenta con ‘Soy un caso perdido’, ‘Una estrella en mi jardín’, ‘Mañana’ ou ‘Ayúdala’, entre moitos outros temas. En todas e cada unha destas tres etapas Helena Bianco caracterízase como Mari Trini cos seus diferentes peiteados e traxes.
Cabe e preciso destacar, que hai un tema no que Helena se xira cara a pantalla de proxección porque é unha canción que lle dedica exclusivamente a ela, ‘Estoy pensando en ti’, o tema que dá título á obra. É difícil explicar a sensación e o ambiente que se deixa sentir no público. Escoitar a Helena Bianco… esa voz entre forte e harmónica á que nos ten acostumados, pero cun sentimento que nos traspasa. O primeiro plano de Mari Trini mirándoa directamente, fundíanse sen que un se dera conta … Podería describir máis cada escena que leva consigo esta obra musical teatral, pero prefiro que a vexades.
‘Mañana me iré despacio sin dejar ninguna huella, mañana vagará mi sombra para quien la sienta’ Eu sentín a súa sombra e a necesidade de amosar de novo a súa obra ante o baldeiro e o esquecemento que se creou en torno á súa persoa.
Escoitando as súas cancións e afondando na súa vida e a súa ausencia, xurdiu en min, a necesidade de dedicarlle este merecido tributo.
Sentir a Mari Trini é admirar a súa obra, a súa forza, a súa rebeldía, o seu espírito de superación e loita, dende nena, batallando contra as grandes enfermidades que lle sobreviñeron. Todo isto o transformou na creatividade e beleza da súa gran obra.
Con vestidura de fráxil cristal soubo loitar contra as carencias e desigualdades da muller. A través da súa obra soubo enxalzar e enriquecer o amor incondicional por riba do conservadorismo e os patróns sociais.
Para ti e por ti Mari Trini
Helena Bianco
Prezo: ANTES 08/07: 16 € (VR) / 18 €. A PARTIR DE 09/07: 20 € (VR) / 22 € Duración: 90 minutos Idioma: CAS Calificación: TP