Cine

Homomaquia

CINEMA EXPERIENCE
  • HOMOMAQUIA: ANIMACIÓN DE AUTORÍA GALEGA NOS GOYA

Coloquio coa participación de DAVID FIDALGO, NANI GARCÍA e CHELO LOUREIRO.

O director da curtametraxe Homomaquia, David Fidalgo, charlará co público acompañado polo autor da música, o compositor Nani García, e pola produtora do filme, Chelo Loureiro.

  • PROXECCIÓN DA CURTA NOMINADA AOS PREMIOS GOYA A CELEBRAR O 25 DE XANEIRO

David Fidalgo -director e guionista de Homomaquia- utiliza a técnica do carboncillo para retratar con crueza o maltrato animal. Tamén a supremacía do home branco sobre o resto das especies… incluída a súa propia, contra a homofobia e o descobremento da diversidade sexual en calquera especie.

Homomaquia é unha curta crúa, espida, salvaxe e desoladora. Non apta para tódolos público, ao igual que a mal chamada festa nacional tampouco debería selo para ningún público”.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Xaneiro de 2020 | 20:30