Comedia

Humor de autor vs. Humor da xente

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO (EMHU)

 

HUMOR DE AUTOR VS HUMOR DA XENTE é unha mesa de auténtico luxo para dar a coñecer a longa tradición humorística galega, moito máis larga do que a gran maioría da xente cre. Desde grandes escritores como Álvaro Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Julio Camba o Castelao, entre moitos outros, e dos que moitos descoñecen as súas facetas humorísticas. Ata o humor anónimo, o que non ten quedado reflexado en ningún libro, o da tradición oral, o das historias contadas arredor dunha lareira. Ademais destes tipos de humor, en Galicia tense xerado unha prolífica canteira de humoristas, moitos deles asentados por todo o territorio nacional. Para dar a coñecer algo máis a fondo este tema, contaremos co artista/periodista Siro Lóprez, coñecedor como ninguén da historia dos grandes escritores galegos, Quico Cadaval y Celso F. Sanmartín, expertos na extensísima tradición oral galega e que levan parte da súa vida recompilando e contando historias. A este grupo súmanse Xosé A. Touriñán e David Amor, como referentes actuais do humor máis coñecido e próximo.

Prezo: De balde ata completar aforo
Duración: 50 minutos
Idioma: Galego

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Maio de 2019 | 16:30