Gala

II GALA SIENTE CORUÑA, Zona Comercial Obelisco

Seguindo coa liña de apoio ao comercio local o Teatro Colón volve acoller a II Gala Siente Coruña organizada pola Zona Comercial Obelisco, unha colaboración coa que seguir traballando no noso entorno socieconómico máis inmediato.

Tras o éxito da primeira edición volve esta II Gala con máis moda, baile e música en directo para gozar dun espectáculo anovador e diferente.

Parte da recadación do evento irá destinada á Cociña Económica de A Coruña.