Maxia

ILUSIONANTE, Ilusionista Pedro Volta

Despois da boa acollida o segundo semestre da RGTA en 2014 en Ourense, O Carballiño, Carballo e Vigo no Auditorio Municipal (colgou o cartel de non hai entradas) e este verán en Baiona e Sanxenxo, Pedro Volta presenta o seu novo show ILUSIONANTE para continuar coa súa xira por toda Galicia no primeiro semestre de 2015.

No último ano Pedro Volta traballou para Vanity Fair, Seat, Heineken, El Instituto Cervantes, La Embajada Española en Australia e promocionou os seus espectáculos no programa de Telecinco, Qué tiempo tan feliz, presentado por María Teresa Campos, facendo levitar a un dos seus colaboradores. Tamén colaborou, nos últimos anos, en numerosos programas da TVG como Luar, Pasarela Portus Veteris Internacional, Un Mundo de Nenos, Acompáñanos, A Revista.

A nivel internacional, en maio de 2014, realizou unha xira por Australia contratado pola Embaixada Española e o Instituto Cervantes facendo un total de dez shows entre Sidney e Camberra con grande éxito. En 2009 tamén estivo facendo maxia co seu show en varios teatro de Maryland e Washington, D.C. (U.S.A) contratado pola Unión Europea no seu Festival Kids Euro Festival.

image1

Prezo: ANTES 07/04/2015: 5 € (VR) / 8 €. A PARTIR 08/04/2015: 6 € (VR) / 10 €
Duración: 75 minutos

Calificación: +4

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 12 de Abril de 2015 | 18:00

SINOPSE

ILUSIONANTE é un espectáculo no que Pedro Volta fai viaxar ao espectador ao mundo da fantasía e os soños máxicos que temos na nosa infancia. Os espectadores convértense nos protagonistas dalgunhas das ilusionistas. Un xeito de presentar a maxia elegante, poética e chea de momentos de emoción e diversión son a receita para que un público familiar goce de setenta e cinco minutos ILUSIONANTES. Nesta nova xira, Pedro Volta, incorpora números de maxia inéditos, espectaculares e sorprendentes números de fuxida. Unha posta en escena chea de rodas de engrenaxes, caixas e farois que aportan unha atmosfera fantástica e misteriosa.