Teatro

O insólito caso de Martín Piché

TEATRO NO COLÓN

 

Martín Piché sofre un estraño mal e decide visitar a un afamado psiquiatra para tentar solucionalo. A súa doenza non é outra que a súa absoluta falta de interese polo mundo que lle rodea: todo lle aburre. Para tratar de resolver o enigma desta singular enfermidade o especialista deberá utilizar a súa sagacidade e imaxinación nunha sesión onde as situacións cómicas sucédense, pasando do inusual ao burlesco, do emocionante ao cruel, do absurdo ao perturbador. O insólito caso de Martín Piché levará ao desconcertado psiquiatra a realizar un sorprendente e inesperado tratamento que ningún dos dous esquecerá.