1ª Xornada de portas abertas. Clausura da Residencia de Investigación de Javier Martín

[ENTRADA LIBRE E DE BALDE]

18:00h ‘Inspiración y champán: una meditación hegeliana’. Conferencia por José María Ripalda

José Mª Ripalda é especialista en filosofía clásica alemana, que investigou e ensinou primeiro na Freie Universität (Berlín), na Universidade Complutense (Madrid) e despois, durante máis de 20 anos, na UNED. Numerosas estancias, sobre todo na Ruhr-Universität (Bochum), Duke University (Durham, NC), Universidad Austral (Valdivia), etc. Estudou filoloxicamente sobre todo ao mozo Hegel (‘El joven Hegel. Esbozos y Ensayos’, FCE, 2014. La Nación Dividida, Abada 2 2016) pero tamén publicou ensaios de conxunto sobre Hegel (‘Fin del Clasicismo’, Trotta, 1992). Sobre as clases de Estética cf. ‘Hegel y el fin del arte’, en Archipiélago, nº 41 (Madrid, 2000). ‘Zum Ende der Kunst in der Postmoderne’, en Die geschichtliche Bedeutung der Kunst und die Bestimmung der Künste (Fink, 2005). ‘Das Problem des Sprechens über Kunst’, en Musealisierung und Reflexion (Fink, 2011).

19:30h ‘Otra institucionalidad, técnica y proceso ¿Y el arte?’. Mesa de traballo e debate sobre a residencia de investigación, creación de contextos e dinámicas colaborativas, co obxectivo de facer repaso e balance do ano, compartindo os procesos e as prácticas que levamos a cabo nestes meses. Coordinada por Javier Martín.

Será un encontro aberto no que se invitará a todos os profesores, colaboradores e participantes nos grupos de investigación a formar parte da mesa: representantes das institucións colaboradorras, o Teatro Colón e a Deputación de A Coruña; profesores colaboradores durante a residencia anual das distintas escolas e facultades de Educación Física e do Deporte, Ciencias da Saúde, Ciencias da Educación, Escola Técnica Superior de Arquitectura ETSAC, e Ciclo Superior de Educación Infantil Ánxel Casal CIFP; persoas integrantes do grupo de investigación, axentes culturais activos da comarca, etc. Coordinado por Javier Martín, coa axuda de recursos audiovisuais e proxección de imaxes de todo o anos de residencias, a intención deste encontro será o de realizar un achegamento ás teses e ao espírito da Universidade Popular dende as derivas traballadas durante a residencia. ‘Se trataba de un proyecto de desarrollo dirigido a promover la participación social, posibilitar a los ciudadanos las herramientas necesarias para que fueran capaces de transformar su entorno, conjugando lo cultural, lo educativo y lo social’ (Las Universidades Populares en España (1903-2010), Pedro Moreno Martínez y Ana Sebastián Vicente). Unha unidade de acción capaz de materializarse nun tempo en un territorio conxugando: unha idea, un plan, unha persoas e determinados recursos.


DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 21 de Setembro de 2016 | 18:00