Cine

INTERSECCIÓN | Internacional 4

DE FESTIVAIS: FESTIVAL INTERSECCIÓN

Les més grans (The elders)
Marta Codesido, Núria Ubach, Dubi Cano e Ulrika Andersson
2023 / España / 20 min / Estrea en Galicia
Distribución: UAB – Máster Documental Creativo e Instituto RTVE / m.documental.creativo@uab.cat

O paseo diario de tres anciás de Cabrianes vese alterado polo falecemento repentino dunha delas. Mentres tanto, aproxíaase a festa que premia á persoa maior da vila.

Marta Codesido, Núria Ubach, Dubi Cano e Ulrika Andersson. Provenientes de Europa e Suramérica, as directoras unen as súas olladas para observaren o paso do tempo e a proximidade da morte no documental Les més grans. Este traballo nace a partir da súa experiencia conxunta no mestrado de documental na UAB.


El custodio (The custodian)
Arturo Franco
2023 / España, Cuba / 19:40 min / Estrea mundial

No 1971, con 16 anos, momento no que comeza o filme, o rapaz comeza a traballar como custodio nunha pista de aterraxe do municipio Bahía Honda, naquel momento pertencente á provincia de Pinar do Río, fronte a costa de Florida, a 150 km ao oeste da Cidade de La Habana. Oggún deus da guerra vive no monte e protéxeo. Síntese ferido pola construción da pista de cemento que desgarrou o seu fogar. Protesta e revélase. Durante os anos 80 e tras o fin da guerra fría, a pista perde a súa relevancia estratéxica, é abandonada e a súa protección xa non é unha prioridade para o goberno. Porén, si é unha prioridade para o custodio. O seu compromiso coa revolución obrígao a seguir defendendo o territorio fronte á invasión estranxeira. No 2019 o custodio de Bahía Honda, con 66 anos, acompañado dos seus deuses, adica 16 horas ao día a vixiar e defender esa antiga pista de aterraxe desde hai anos abandonada.

Arturo Franco. Doutor Arquitecto, profesor de universidade e cineasta.


Follow the water
Pauline Julier
2022 / Suiza, Francia, Chile / 51 min / Estrea en España
Distribución: Sister Distribution – Abel Davoine / abel@sister-distribution.ch

É inverno do 2021 no deserto de Atacama, Chile. No patio traseiro dunha das minas de litio máis grandes do mundo, varios interlocutores aparecen en fronte da cámara para falaren do que a terra significa para eles. Entre eles hai unha muller indíxena que pelexa polos dereitos da auga, científicos probando rovers nesta paisaxe árida, executivos de empresa con interesa na prospección mineira, e a lista segue. Contan a historia dunha nova era de exploración que ten como telón de fondo o recordo persistente da colonización. O equipo de rodaxe achégase a esta épica e desconcertante paisaxe como científicos desexando encontrar vida no espazo. As diversas voces mestúranse, os seus desexos en conflito. A través das lentes da cámara, a paisaxe estéril do deserto comeza a parecerse ao propio Planeta Vermello, o escenario de tantas das nosas fantasías de ciencia-ficción. Transforma Marte nunha brumosa bola vermella de cristal que escribe novos comezos e a fin dos tempos para a humanidade.

Pauline Julier é artista e cineasta. Explora os vínculos que as persoas humanas crean co seu entorno a través de historias, rituais, coñecemento e imaxes. Os seus filmes e instalacións compóñense de elementos de orixes diversas (documental, teorética, ficción) para restituír a complexidade da nosa relación co mundo. As súas instalacións e filmes foron proxectadas en centros de arte contemporánea, institucións e festivais por todo o mundo, incluído o Centro Pompidou (París), Loop (Barcelona), Visions du Réel (Nyon), Tokyo Wonder Site (Tokyo), Museum of Modern Art in Tanzania, Geneva Art Center, Palazzo Grassi (Venice), Nova York, Madrid, Berlin, Zagreb, Cinémathèque de Toronto e o Museo Pera en Istambul. Julier tivo unha exposición en solitario no Centre Culturel Suisse en París (CCS) no 2017. Completou unha residencia dun ano en Roma no 2020 no Istituto Svizzero, e o seu filme Naturales Historiae mostrouse en liña en Vdrome.org. O seu filme Way Beyond, estreouse nun concurso no Festival Visions du Reel e estivo nos cinemas en Suíza en outono do 2022. Recibiu o Premio de Arte Suízo 2021 en Basel e tivo unha grande instalación no Instituto de Arte Contemporánea de Villeurbanne (Francia, 2022). MEADOW, o seu último libro de artista ven de ser publicado por Roma Publications Amsterdam. Está a traballar actualmente no seu seguinte programa monográfico institucional que terá lugar en Suíza no 2024.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 18 de Outubro de 2023 | 20:30