Música

IX Gala Final do Concurso de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Esta iniciativa da Área de Cultura da Deputación da Coruña consolidouse xa como o punto de encontro da máis precoz creatividade musical da escena galega.

Seis propostas, tres infantís e tres xuvenís, seleccionadas en primeira instancia por un xurado formado por músicas e músicos profesionais vanse dar cita no Teatro Colón para interpretaren en directo as súas composicións. Alí, un novo xurado formado neste caso por rapazada de idades similares ás dos propios participantes vai ser o encargado de elixir as propostas gañadoras da actual edición.

O acto vai ser conducido pola actriz e contadora Sole Felloza e inclúe tamén a participación das anteriores gañadoras na categoría xuvenil, Emma e Candela, acompañadas ademais duns convidados moi especiais.