Conferencia

JAVIER MARTÍN, Conferencia CsO [cómo construir un cuerpo sin órganos]

_conferencia [CsO: cómo construir un Cuerpo sin Órganos]
www.javiermartín.com | coreógrafo e investigador residente no MUN Museo Universidad de Navarra, e no Teatro Colón da Coruña.

A conferencia ‘CsO’, articúlase en torno a texturas, percepción, creatividade e movemento, relacionando as características escénicas con contornas non especificamente artísticas vinculadas co performativo e a memoria. O que pretendo é comunicar as ferramentas propioceptivas e de xestión dos arredores que dende as artes do movemento se están destilando, cunha intención de corte etnográfico e trans. É interesante presentar un encontro que fale cara o futuro de novos mapas físicos e conceptuais acerca do corpo que potencien a evolución científica, social e política, en aras de descubrir novos e estimulantes paradigmas. Argumentos contidos postos en xogo co corpo, a palabra e apoio multimedia (fragmentos de películas, danzas de orixe e de vangarda, imaxes anatómicas, etc).

Algúns lugares nos que intervín con este dispositivo son: MEH-Museo Evolución Humana, Burgos; CGAC-Centro Galego de Arte Contemporáneo, Santiago; ‘lecorps, poéticas e políticas do corpo’ Universidad de La Sorbona, París; CIMA-Centro de Investigación Médica Avanzada de Universidad de Navarra; ESTAC-Escuela Superior Técnica de Arquitectura, A Coruña e distintas Facultades de Ciencias da Saúde (Fisioterapia, Terapia Ocupacional,..), Educación Física-INEF, Ciencias da Educación (Primaria, Social,..); Congreso ‘el teatro fuera del teatro’ Universidad de Santiago de Compostela/Universidad Carlos III/Université Toulouse-Jean Jaurès; Festival Madrid en Danza; e un longo etc.

Javier Martín

O corpo di a verdade. Non sempre nin á primeira, pero sempre é o corpo o que di a verdade

Coetzee

conferencia_javiermartin