Maxia

Jorge Blass | Flipar

O aclamado mago Jorge Blass chega á Coruña co seu novo show ‘Flipar’. Farao con dúas funcións no Teatro Colón da Coruña o 15 e o 16 de abril. Jorge Blass leva décadas deleitando ao seu público cos seus espectáculos de ilusionismo e non vai ser menos nesta ocasión. Esta é a volta de Jorge Blass á Coruña tras ter que pospoñer a súa actuación nas festas de María Pita debido a problemas de saúde dos que xa está completamente recuperado.

‘Flipar’ é o seu novo e esperado espectáculo que busca facer honra ao seu nome. Un show único no que non existe o imposible e onde os nenos descubrirán que os seus pais non o saben todo. Desaparicións, teletransportacións e ilusións que desafían a lóxica deixarán aos asistentes pampos e, sen dúbida, cun gran sorriso.