Concerto

Khitara

Khitara é unha agrupación cunha concepción instrumental apartada do convencional: dúas guitarras eléctricas, dúas clásicas, e instrumentos de percusión debuxan unha sonoridade moi orixinal na que a dozura e amabilidade dos instrumentos clásicos contrastan coa potencia e enerxía das guitarras eléctricas fusionándose nun proxecto cheo de matices. Cada tema que Khitara interpreta soa íntimo, cercano, acústico e está aderezado con arranxos coidadísimos nos que Jose Carballido explota ao máximo cada instrumento.

O repertorio abarca desde temas orixinais de Carballido até versións de clásicos do rock reinventados para esta orixinal formación. Algúns dos grupos que reinterpretaron ou reinterpretan na actualidade son: Deep Purple, Led Zeppelin, Cream, Boston, Queen, Guns and Roses, Metallica…

Prezo: ANTICIPADA: Principal e Palcos VL: 8 € / Palcos: 9 € / Platea: 10 € DÍA DO CONCERTO: Principal e Palcos VL: 9 € / Palcos: 10 € / Platea: 12 €



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 3 de Marzo de 2018 | 20:30