Humor

LA FAMILIA TRADICIONAL. Abubukaka

Abubukaka embárcase neste proxecto chamado ‘La Familia Tradicional‘ coa intención de explorar novos camiños satíricos, caricaturescos e, por suposto, humorísticos. Se ben ata o de agora Abubukaka viña caracterizándose por sacar punta á realidade a través de sketchs independentes dispostos en secuencia, ‘La Familia Tradicional’ dá asilo a todo o xenio para escachar coa risa da compañía na mesma liña argumental.

Esta liña somerxe nas profundidades desta España nosa, que tantas rémoras do pasado arrastra, para sacar a flote as reliquias sociais do século XX ibérico e reflectilas no espello cóncavo da recén estreada España de Felipe VI. Hai conflitos territoriais a ritmo de rumba, poderes fácticos sedentos de romarías, interrupcións voluntarias do embarazoso, primarias para primos, asemblearios en asembleas asemblearias, peinetas electorais, plataformas con purpurina, sombras de cruces e cruce que está en vermello.

Unha visión disparatadamente comprometida da historia da actualidade, unha historia que comeza cos preparativos de benvida ao novo sol e remata dun xeito que non adiantaremos pero que implica ter suado a camisa.

Prezo: 6€ (VR) / 8€ ANTICIPADA - 8€ (V.R.) / 10€ DÍA FUNCIÓN
Duración: 90 Min.
Idioma: Cast.
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 30 de Abril de 2017 | 20:30