Musical

La jaula de las locas

A vida empeza hoxe!

A apracible vida de parella de Albin e Georges, propietarios do club nocturno A Cage aux Folles de Saint Tropez, vese totalmente alterada por unha noticia inesperada. Jean Michel, o fillo de Georges, vai casar coa filla dun deputado ultraconservador, acérrimo defensor dos valores máis tradicionais na vida familiar. O encontro explosivo entre dúas familias tan distintas desata unha divertidísima comedia chea de amor e de situacións delirantes.

‘La Jaula de las Locas’ é un gran canto á liberdade individual e colectiva. Unha atrevida posta en escena, sorprendentes coreografías, exuberante deseño de vestiario e unha temática universal, convérteno nun dos musicais máis aclamados da historia. Cada función transforma ‘La Jaula’ nunha festa, unha celebración da joie de vivre que se sabe como empeza, pero nunca como acaba!

Prezo: 37€ | 39€ | 45€ | 49€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 3 de Novembro de 2022 | 20:30
  • Venres, 4 de Novembro de 2022 | 17:00
  • Venres, 4 de Novembro de 2022 | 21:00
  • Sábado, 5 de Novembro de 2022 | 17:00
  • Sábado, 5 de Novembro de 2022 | 21:00
  • Domingo, 6 de Novembro de 2022 | 17:00
  • Domingo, 6 de Novembro de 2022 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

(Español) Con Ángel Llácer e Armando Pita
Dirección: Ángel Llácer e Manu Guix