Cine

O mellor do Curtocircuíto 2017

Proxección de cinema cunha selección das mellores curtametraxes exhibidas na 14ª edición do Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine que se celebra entre o 1 e o 8 de outubro do 2017 en Santiago de Compostela. A actual edición do Curtocircuíto conta coa presenza do controvertido cineasta galés Peter Greenaway, convidado especial que protagonizará un encontró co público e presentará unha proxección das súas pezas. Así mesmo o festival tamén mostrará o traballo feito desde detrás da cámara polo músico Stuart Staples e o Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix.

SINOPSES DAS CURTAMETRAXES

It’s a date
É unha cita

Zachary Zezima
2016 | 07:12 | EUA | ANI | COL

Todo o mundo é un extraterrestre ao comezo.

Find, fix, finish
Atopar, fixar, rematar

MIla Zhluktenko, Sylvain Cruiziat
2017 | 19:26 | Alemaña | DOC | COL

“En Afganistán, vin a unha parella facendo o amor nun tellado”: sabemos moi pouco do traballo cotián dos pilotos que levan a cabo “asasinatos selectivos” con drons militares. Tres americanos aceptaron testificar en voz en off sobre a súa experiencia, que curiosamente está chea de intimidades e crueldade, con imaxes aéreas que poderían ter gravado eles mesmos, coa intención de “atopar, fixar, rematar”.

Möbius
Möbius

Sam Kuhn
2017 15:04 Canadá, EUA | FIC | COL

Un conto amosegado polas couzas sobre a maxia e as mutacións, recordado a medias por un poeta adolescente cuxa amante xace sen vida nun arroio.

La mujer invisible
A muller invisible

Noemí Chantada
2017 14:57 España | DOC | COL

Ela vive nun pequeno apartamento de Vigo e asemellaríase a calquera rapaza da súa idade se non fose pola tristeza que reflexa o seu rostro. Porque cando a tarde chega, ela muda a pel: muda as súas roupas, muda o seu nome, muda. Así, pode aguantar outra noite máis. Só outra noite máis.

Les vimos reír y creímos que era felicidad
Vímolos rir e crimos que era felicidade

Vermut
2016 12:00 España | FIC | COL

Unha comedia filosófica sobre a nada. Unha muller solitaria e un home frustrado tentan superar os seus medos nun mundo dominado polas telecomunicacións.

Martin pleure
Martin chora

Jonathan Vinel
2017 15:23 Francia | ANI, EXP | COL

Imaxina que un día te ergues e todos os teus amigos desapareceron. Os amigos que terían que estar non están. Entón, buscas, buscas por todas partes: en cada acocho, en cada recuncho da cidade, en todos os pantanos, en todos os ríos. Buscas pero non os atopas.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 12 de Outubro de 2017 | 20:30