Ópera familiar

O loro de Carlos V

ESTREA

 

Estrea absoluta dunha ópera familiar.


Unha divertida proposta para mergullarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquestra Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos.

Unha ópera bufa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García.

É un conto infantil e ao mesmo tempo unha obra artística con vocación de entusiasmar e emocionar ao público máis esixente.

Presentada no formato ‘singspiel’, a obra contén unha intención lúdica e vitalista dende a que se saúda á A Frauta Máxica de Mozart e á viveza imperecedoira das obras de Rossini.

O espírito cómico transcende cada escena dende o propio deseño dos personaxes. Pero baixo esta aparencia de lixeireza atópanse sofisticados mecanismos que abren as portas a un mundo de ilusión e tenrura.

Esta nova e orixinal proposta desborda talento en todas as súas seccións. Por un lado, a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez á dirección. Por outra banda, as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. E ademáis, Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía, a emerxente María Peinado coa dirección escénica e Baltasar Patiño coa dirección técnica.