Música

LOS ÁRBOLES en concerto [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

Los Árboles son un grupo de pop-rock orixinario de Galicia que comezou a xestarse a finais de 2010. Neste tempo, ademais de publicar dous traballos, estiveron tocando practicamente sen interrupción e grazas a isto conseguiron que cada vez que se soben a un escenario o público poida gozar dun directo compacto e sen fisuras.

En 2012 presentaron a súa ópera prima “Catorce Grados” e só un ano despois sorprenderon a crítica e público co seu segundo traballo “Los días que quedan son nuestros”, un disco máis enérxico que o anterior pero no que non deixa de recoñecerse o seu propio estilo, un pop de feituras clásicas no que se distinguen a mestría do quinteto nun xeito de crear e interpretar cancións que foxen das estridencias e do intento de soar cunha modernidade forzada. Tanto a súa música como as súas letras demostran que máis excelsa tradición do pop español ten continuadores en pleno século XXI.

Prezo: ANTICIPADA: 4 € (VR) / 7 €. DÍA FUNCIÓN: 7 € (VR) / 10 €
Duración: 80 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 17 de Marzo de 2016 | 21:00

FICHA ARTÍSTICA

GUITARRA, PIANO E VOZ: ALEXANDRO GONZÁLEZ. SINTETIZADOR, PERCUSIÓN E COROS: MARTÍN GONZÁLEZ. BAIXO E COROS: ALBERTO BARREIRO. GUITARRA: MARCELO PEDREDO. BATERÍA: ALBERTO DOPICO.