Apocalípticamente correcto é o show de Luis Piedrahita, un enxeñoso monólogo sobre a liberdade.
O ser humano sempre desexou facer o que lle dá a gana, pero é iso posible ou o noso destino está escrito e non podemos cambialo?
Luis ironiza sobre o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre as auto caravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de estradas.
Neste monólogo Piedrahita arremete coa furia destrutiva dun cachorro contra temas como as anguías eléctricas, a pelo púbico, o leite de soia, a choiva ou a liberdade de expresión.
Son temas controvertidos, pero Luis non teme a nada. Por que? Pois porque o medo espanta o riso e, de modo recíproco, o riso espanta o medo.
Un monólogo cun chisco de maxia, imprescindible para entender a orixe dos nosos medos e as nosas esperanzas.
Unha peregrinaxe a zancada de xílgaro polas praderías do absurdo, o surrealismo e a imaxinación. Que sentido ten todo isto? Ningún. Pero ninguén pode dicirlle nada a Piedrahita porque el fai isto por unha soa razón: Porque lle dá a gana. Está escrito e non podemos cambialo.
Luis Piedrahita | Apocalípticamente correcto