Maxia

MAGO POP, La Gran Ilusión

Antonio Díaz, EL MAGO POP, a estrela da maxia de Discovery Max, presenta o seu espectáculo LA GRAN ILUSIÓN avalado por máis de 450.000 espectadores, incluíndo os 130.000 que o desfrutaron no Teatro Calderón de Madrid nesta tempada.

LA GRAN ILUSIÓN é o espectáculo para todos os públicos mellor valorado polos espectadores, que combina humor, unha excelente técnica en manipulación de obxectos, unha fantástica selección musical e unha maxia orixinal e impactante que comunica a través do absurdo. A súa posta en escena inclúe unha gran pantalla e medios audiovisuais para unha perfecta inmersión de todos os espectadores no espectáculo.

A maxia de Antonio Diaz transcendeu fronteiras e culturas, sorprendendo a personaxes como Stephen Hawking, Neymar, Eva Longoria, Antonio Banderas ou Carlos Slim, entre outros, e anticipando o seu brillante futuro internacional.

DOSSIER

Prezo: ANTES 17/02/2016: 25 €. A PARTIR DE 18/02/2016: 30 €
Duración: 70 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 27 de Maio de 2016 | 19:00
  • Venres, 27 de Maio de 2016 | 22:00
  • Sábado, 28 de Maio de 2016 | 18:00
  • Sábado, 28 de Maio de 2016 | 21:00
  • Domingo, 29 de Maio de 2016 | 17:00
  • Domingo, 29 de Maio de 2016 | 20:00