Música

Maleducadas

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | CICLO A PALABRA TRANSMEDIA

 

  • Marina Oural | Idea orixinal, voz, escaleta e selección de textos.
  • Chefa Alonso | Saxo soprano, percusión, composición e improvisación musical.
  • Nacho Muñoz | Piano, electrónica, composición e improvisación musical.
  • Bailarín/a convidada.

Nace Maleducadas entre o Val de Lourenzá (Lugo, Galiza) e o occidente asturiano, coa pegada do poema raícento para mellor respirar. Xúntanse aquí por vez primeira estes tres artistas galegos de mundos moi diversos, para dar luz á flor da amizade profunda e a labor no palco ao servizo da creación compartida. Nacho Muñoz, Chefa Alonso e Marina Oural danse na composición escénica con textos, voz, piano, saxo, percusión, poema composto e improvisado, conversa, emocións, corpo, mazás, moa de afiar ou unto. Ingredientes de pobo orixinario galegodescendente, afondan no significado das palabras para engarzalas á música e ao movemento nunha proposta onde a plástica escénica é unha compañeira máis. A improvisación libre e a composición conforman un todo entre as diferentes artes, nun acto de comunicación dirixido a todas as capacidades, idades, territorios e culturas desta terra que habitamos.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 30 de Outubro de 2022 | 20:00