Familiar

Mamá Cabra – Deveribés

EN FAMILIA

 

Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa máis de 15 anos regalándonos cancións. Desde o seu primeiro libro-CD, Cantos rodados, xa son moitos os traballos publicados por este grupo.

Gloria, acompañada por unha banda, fai neste concerto un percorrido polos mellores éxitos da banda, cancións que ao longo destes anos xa quedaron nas nosas memorias e que seguen facendo fans miúdas e miúdos aló por onde pasan.