Recital

Mariella Devia, o regreso da Regina

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

 

A reina do Belcanto, a soprano Mariella Devia, ofreceu a súa última ópera en España precisamente para Amigos de la Ópera, a recordada Lucrezia Borgia que lle valeu ademais o Premio ao Mellor Cantante nos Premios Líricos Españois de 2018. A eximia artista italiana apartouse desde entón definitivamente da ópera escenificada e só ofrece xa recitais en ocasións moi especiais. No seu regreso ao Teatro Colón coruñés, que pisou por primeira vez en 1982 con La Sonámbula belliniana, agora a Devia ofrecerá o seu único concerto deste ano en España cun programa confeccionado para a ocasión. Será ademais o preámbulo para os seus días de traballo en Galicia para facerse cargo por segundo ano do Curso de Interpretación Vocal para cantantes novos que impulsa Amigos de la Ópera de A Coruña en el Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Prezo: 11,69€ | 12,47€ | 15,59€ | 16,62€ | 19,48€ | 20,78€ | 25,98€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 18 de Setembro de 2020 | 20:00

SINOPSE

Repertorio
Obras de Listz, Chopin, Schumann, Donizetti e Verdi.

FICHA ARTÍSTICA

  • Mariella Devia, soprano
  • Gilulio Zappa, piano