Música

Maruja Roca Foundation

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | CICLO A PALABRA TRANSMEDIA

 

  • Nieves Neira | Performance literaria
  • Eutropio Rodríguez | Diálogo fotográfico
  • Helena González Sousa | Acordeón
  • María José Pámpano | Violín
  • Iago Mourinho | Piano
  • Pablo Sanmamed | Contrabaixo e dirección

Maruja Roca Foundation é o nome do espectáculo literario, musical e visual baseado na obra da fotógrafa Maruja Roca (1912-2011).

Eutropio dialoga intimamente con Maruja durante a edición das fotografías mentres Nieves habita o escenario coa súa proposta de fotografías escenografiadas a través da palabra e o movemento. A palabra na voz poética atravesa a pel do público sen oposición, dando expresión á vida retida nas fotos. A música composta por Pablo Sanmamed lévanos de viaxe coma quen viaxa nun álbum fotográfico familiar onde o mundo emocional entra sen chamar con cada retrato.

Maruja Roca Foundation pode ser considerada como outro deses encontros improbables que Maruja Roca provocaba do seu redor. Así e desde a óptica da música contemporánea súmanse ao contrabaixo e dirección musical de Sanmamed o talento da acordeonista Helena Sousa, da violinista María José Pámpano e o do pianista Iago Mourinho.

Todo cobra vida nas fabulacións plasmadas nas fotografías de Maruja.

Prezo: De balde con convite. Proximamente.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 29 de Outubro de 2022 | 20:00