Música

MásQjazzCoruña | Yellowjackets

MÁSQJAZZ CORUÑA 2023

 

YellowJackets, lexendaria formación estadounidense liderada por Russel Ferrante, membro orixinal daquela primeira formación de finais dos anos setenta chamada The Robben Ford Group capitaneada polo guitarrista Robben Ford xunto a Jimmy Haslip e Ricky Lawson. A súa primeira gravación viu a luz en 1981, «Inside Narrativa» é a mostra de por onde irían os tiros desta banda co punto de mira posto no jazz fusión. Tras a gravación do seu primeiro disco, Robben Ford abandona a banda orientando a súa carreira cara ao rhythm and blues sendo substituído en 1986 polo saxofonista Marc Russo.

Tras varios cambios de formación, Russell Ferrante, Jimmy Haslip, Marc Russo e William Kennedy deixan asentada a aliñación que fará a Yellowjackets ser un dos grupos con máis prestixio do jazz fusión sendo nomeados dezasete veces aos premios Grammy, gravando máis dunha vintena de discos e sendo un referente indiscutible dentro da escena do jazz. A formación actual vén dirixida por Russell Ferrante aos teclados e William Kennedy á batería xunto ao saxofonista Bob Mintzer incorporado nos anos noventa e Dane Alderson ao baixo.

  • Bob Mintzer/ Sax
  • Russell Ferrante/Piano-Sintetizadores
  • Will Kennedy/Bat.
  • Dane Anderson/Bass