MARGA e JAIME van separarse despois de 15 anos de matrimonio. Entre bágoas e reproches consólanse sabendo que, ao non ter fillos nin mascotas e nin sequera un coche en común, poderán marcharse sen máis, pechando a porta cun clásico: “Eu xa non quero nada teu”. Pero hai un pequeno detalle no que non caeran. Ese peche da porta hai que dalo cunha porta. E esa porta pertence a unha casa. E esa casa… é a casa dos dous!!!
Marga e Jaime están dispostos a refacer as súas vidas por separado, pero ambos consideran que A CASA lles pertence. Ningún dos dous quere marcharse do piso que foi o seu fogar. E este mutuo desacordo non ten pinta de resolverse cunha separación amigable.
Empezan a sacar os trapos sucios e a botarse en cara mutuamente o fracaso da súa relación. Ambos chegan a unha conclusión: debería irse da casa o que teña máis culpa de que se estean divorciando. E agora empezará a guerra de verdade. Ambos van tirar da manta e a sacar toda a merda que tiñan gardada debaixo da alfombra. Aquí xa non hai pudor, nin importa o que dirán… Unha parella aberta en canle. Con todas as vergoñas ao aire. Un matrimonio á vista desde unha enorme fiestra indiscreta.
Os espectadores do teatro van poder asistir en directo a todas esas miserias que as parellas adoitan mostrar só de portas cara adentro. Ningún dos dous vai permitir que o outro se garde nada. Aquí xa non hai secretos, nin medias verdades, nin pensamentos inconfesables, nin vergoña allea nin propia… Que o vexan todo! Porque agora Marga e Jaime son Un Matrimonio sen Filtros.
Un Matrimonio sen Filtros que os espectadores van poder contemplar a través dun cristal (ou dun espello)…
Un matrimonio sin filtros